Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PAZO DE SOBRÁN&body=Recoméndoche que leas a información PAZO DE SOBRÁN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/6990/pazo-de-sobran?langId=gl_ES
Parroquia: Sobrán (San Martiño)
Lugar: Vilaxoán
Avenida de Cambados 163
36611 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Pola doazón que en 1496 realiza Xoán Mariño de Sotomayor a un sobriño neto, temos noticias da construción deste pazo sobre unha antiga torre medieval, presumiblemente ameada e cuberta de tella, como moitas das que se dispoñían ao longo da costa arousá. Sufriu a súa destrución no último terzo do século XV a mans da Santa Irmandade, a segunda das revoltas irmandiñas.
Así pois, a finais do século XV, a torre de Sobrán non era máis que unha ruína. Con todo, a principios do século XVI Suero Gómez de Sotomayor, irmán do fundador de Vilaxoán, Xoán Mariño, decidiu construír un pazo, que é o que hoxe podemos contemplar na visita a Vilaxoán. Segundo o testemuño de Vasco de Aponte, para a construción do pazo utilizáronse as pedras do derrubado mosteiro de Cálogo, en Vilanova, do que na actualidade só se conserva a torre do campanario, símbolo do municipio veciño.
O pazo de Sobrán adquiriu entón as súas actuais características: unha gran casa flanqueada por dúas torres con dependencias que se proxectan cara atrás, ao redor dun patio, formando a característica “U” que define a tantos pazos galegos. Os baixos do pazo alberga un restaurante: O Lagar. No patio pódese ver o hórreo e a estrutura en forma de “U”.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.