Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASTELO DE MONTERREI&body=Recoméndoche que leas a información CASTELO DE MONTERREI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/7096/castelo-de-monterrei?langId=gl_ES
O conxunto da Acrópole de Monterrei coroa a Vila de Monterrei que crece ó carón do castelo en época medieval. Conservase a estrutura orixinal con parte das torres circulares e da muralla defensiva. Pola porta principal accédese ó patio de armas, onde á dereita está o pazo dos condes e á esquerda érguese a Torre da Homenaxe. Construción defensiva, empregada en caso de asedio, mandada facer polos primeiros condes de Monterrrei, a finais do século XV, duns 22,5m de altura, de poucos ocos cara o exterior, con muros de ata 3,5m de grosor e con marcas de canteiro en case cada pedra utilizada para a súa construción. O pazo dos Condes, foi construído entre o século XVI e comezos do XVII. Contigua conservouse, con proporcións máis reducidas que a da Homenaxe, a Torre das Damas, do século XIV. Nela descansa unha galería renacentista do pazo onde se atopa o coñecido como o balcón de don Pedro e columnas con escudos de armas das familias relacionadas cos condes de Monterrei. A fortaleza, onde se atopa o castelo, presenta un triplo recinto amurallado, formando todo un conxunto de evidente interese.
Na actualidade pódese visita-lo o conxunto da Acrópole con entrada ó interior da Torre da Homenaxe e da igrexa de Santa María de Graza. O pazo dos condes funciona como o Parador de turismo Castelo de Monterrei.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.