CASTELO DE MASID OU DE FERREIRA

Civil
No Camiño de Santiago
362
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza

Localización

Parroquia: Ferreira de Pantón (Santa María)

Lugar: A Torre

27430  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 07.9" N - 7º 36' 59.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Construción orixinal do s. XI, pero sofre reformas posteriores posto que foi abatido polo movemento irmandiño, as máis significativas no s. XIV e s. XIX. Vinculado á familia Arias de Masid e aos Condes de Lemos. Na fachada destaca unha ventá, de estilo plateresco, enmarcada por dúas columnas estriadas xentas apoiadas nunha base labrada e coroada por un tímpano semicircular en forma de vieira. Exemplo de arquitectura defensiva medieval cun pazo pegado e unha torre da homenaxe cadrada e ameada, con portas enmarcadas por arcos semicirculares e tímpanos sobre ménsulas esculpidas. Muro de peche con dobre porta de entrada e un escudo.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-546 en dirección a Monforte. Ao saír da vila e tras pasar unha ponte xírase á dereita. A oitocentos metros está o castelo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba