CASA DO PAZO DE ADELÁN

Civil
176

Localización

Parroquia: Adelán (Santiago)

27773  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 02.0" N - 7º 23' 38.0" W

Descrición

Está configurada en base a elementos prototípicos das construccións fidalgas. Trátase dun edificio de tres corpos, cun principal e dous engadidos posteriormente. O central ten forma de torre planta cadrada realizada en mampostería, con teito a catro adornado de pináculos en forma de almeas e machóns labrados nas esquinas. Para acceder á torre existe un portalón de cantería en forma de arco de medio punto enriba do cal se atopa o escudo de armas. Do conxunto de periféricos só conservamos unha parte da muralla que está almeada e cunha cruz colocada nun dos seus laterais; ademais hai un pozo que surtía de auga ao fogar. Propiedade privada non visitable.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 07/09/2017
Arriba