PAZO DAS EDREIRAS

Civil
1365

Localización

Parroquia: San Martiño de Meanos (San Martiño)

Lugar: As Edreiras

15857  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 25.9" N - 8º 55' 51.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Accédese por un camiño de pedras desviándose da estrada principal. Está situado no alto e carece á primeira vista de recinto amurallado. Rodeado de bosques de eucaliptos. Na parte de atrás horta con árbores froiteiras. Ten hórreo e pombal. Planta rectangular composta de dous corpos, un de maior altura, a torre, cuberto a catro augas e o outro con cuberta a dúas augas. Unida á torre está a capela. Construído o conxunto con muros de cachotaría de granito, xambas e linteis dos vans e esquinais en cantería. Cuberta de tea. Solaina na fachada sur á que se accede mediante unha escalinata situada no centro.

Acceso

O pazo está situado a uns 4 quilómetros do núcleo municipal. Para chegar hai que coller a estrada que leva ao lugar de Santo Adrián de Castro, unha vez aquí hai que xirar lixeiramente a dereita cara Berbia. Aproximadamente a un quilómetro atoparemos o desvío a man esquerda que nos leva ao lugar das Edreiras. Seguimos a estrada ata o final, onde a man dereita atoparemos a entrada ao Pazo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!