PAZO DE O XISTRO

Civil
178

Localización

Parroquia: Coiro (San Salvador)

Lugar: O Xistro

36947  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 26.9" N - 8º 46' 39.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Edificación de baixo e piso, dividido en dúas vivendas con dobre entrada por unha escalinata cuberta a través de patio. Posúe un grande escudo na fachada, dous balcóns con balaustrada de pedra. Pombal de pedra cuadrangular, muíño de pedra, actualmente en uso e un hórreo de 18 piares e 8 vans, un dos maiores da provincia.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Última actualización: 12/09/2017
Arriba