TORRE DO MONTE

Civil
No Camiño de Santiago
277

Localización

Parroquia: Padrón (Santiago)

Lugar: Estramundi de Arriba

15900  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 35.9" N - 8º 39' 47.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Na ladeira dun bosque, visible dende Padrón. Xardín ante a fachada posterior (xardíns baixos, mirtos, roseiras, hortensias, ...). Bosque ante o portalón de entrada, árbores centenarias forman unha avenida de carballos, castaños, acacias, eucaliptos. Grande cantidade de viñedos.
Formado por catro corpos de distintas épocas e características. O principal é rectangular, coa antiga torre nun extremo. Unido a esta, un corpo máis baixo que as dependencias auxiliares. Fábrica de cadeirado e cantería de granito. A fachada principal con escalinata barroca con balaústres, accédese a un patín a xeito de entrada. Na fachada Sur hai unha gran solaina. Capela de San Miguel, tres escudos, pombal, hórreo, fontes, etc.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Última actualización: 19/12/2017
Arriba