FRAGAS DO EUME

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
2699

Localización

A Coruña

A Capela | As Pontes de García Rodríguez | Cabanas | Monfero | Pontedeume

Coordenadas:
43º 25' 00.7" N - 8º 04' 05.2" W

Descrición

O bosque soñado
O río Eume, duns cen quilómetros de lonxitude total, labrou na maior parte do seu treito medio e final un profundo canón. As abruptas ladeiras, nalgúns puntos de ata 300 metros de desnivel, conservan o manto vexetal orixinal dos bosques atlánticos. Un bosque coma todos soñamos: a espesura, as estacións transformadas en cores, un río que coñece a aventura do salmón e busca a proximidade do mar para facerse ría...

Porque fraga significa bosque con árbores de diferentes especies. Carballos e castiñeiros forman o manto caducifolio acompañados de bidueiros e ameneiros, freixos e teixos, abeleiras e froiteiras silvestres; e dos perennes loureiros, acivros e érbedos. Todos forman unha heteroxénea selva na que cada especie ocupa o seu lugar. As sobreiras, por exemplo, teñen nas voltas destas ladeiras orientadas ao sur, o seu límite setentrional en Galicia. Nas ribeiras húmidas e sombrías consérvase unha ampla colección de liques, carrizas e fentos que son unha das xoias dos bosques climáticos como Eume, relictos da Era Terciaria.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Situación

Concellos coruñeses de Cabanas, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero e Pontedeume.

Superficie

9.125,65 ha. LIC: 9.076,82 ha.

Servizos

En varias poboacións na contorna do Parque.

Sen pérdida

O parque ten establecidos catro portais de acceso, sencomunicación entre eles. O máis visitado é o que fixacomo destino o mosteiro de Caaveiro. As ladeirasinclinadas só permiten esta entrada seguindo o cursodo río a través do couto pesqueiro de Ombre, a dezquilómetros de Pontedeume. Desde o refuxio depescadores de Cal Grande parten os itinerarios através das fragas.
Na temporada de verán o paso con vehículos está restrinxido, pero existe transporte colectivo ata preto do mosteiro. Nestepunto, pé en terra, comeza a subida duns quinceminutos ata o cenobio beneditino de San Xoán deCaaveiro, recentemente rehabilitado. Todo unmonumento de arte románica en plena natureza convistas panorámicas ás frondosas e ao ceo. A entradaé gratuíta con visita guiada, xeralmente en quendasde 45 minutos. Sen problema durante as fins desemana, festivos e temporada alta. O resto do ano,consultar. O horario sofre modificacións estacionais.
Xa gañado o alto, e visitado o mosteiro, a senda podecontinuarse nunha breve baixada ata o rumor doSesín, que desauga no Eume un pouco máis abaixo domosteiro. Paga a pena admirar a súa bravura de pozase fontes verdes filtradas de carrizas. O mesmo Sesínpode ser abordado augas arriba por outro itinerariodiferente a este. Desde a estrada de Cabanas ásPontes de García Rodríguez, tomando o desvío nasNeves que conduce a Gunxel cos muíños do Sesín elogo continúa cara á antiga central hidroeléctrica deVentureira. A pista estréitase a partir de aquí nasnumerosas curvas das ladeiras arboradas desteitinerario que enlaza, na beira esquerda coa estradade Rebordelo (Monfero).

Natureza senlleira

Bosque mixto de frondosas considerado un dos máis extensos da Galicia litoral e relevante a nivel europeo como bosque climático. Os carballos cobren as abas do canón fluvial acompañados dun amplo repertorio vexetal e bosques de ribeira. A humidade propicia variedades de fentos de grande interese. Cómpre mencionar as 103 especies de aves, 41 de mamíferos e 8 de peixes. Especies endémicas de invertebrados e réptiles como a ra ibérica.

Información e equipamentos

Parque Eólico Experimental Sotavento
Teléfono: +34 981 563 777
Centro de Recepción do Portal de Monfero
Teléfono: +34 881 063 992
Enderezo: DP-5003
Centro de Recepción
Teléfono: +34 981 432 528
Enderezo: CarreteraOmbre-Caaveiro, km 5

Plano

Última actualización: 14/07/2017
Arriba