FESTA DO CORPUS CHRISTI DE REDONDELA, COS EVENTOS CELEBRATIVOS DA COCA, AS PENLAS E A DANZA DAS ESPADAS

Festas de interese turístico
2076
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 30/05 - 06/06

Localización

Redondela - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 54.9" N - 8º 36' 33.0" W

Descrición

Durante cinco días, e coincidindo co Corpus (día grande) teñen lugar as Festas da Coca de Redondela. Conta a lenda que preto de Redondela vivía un dragón que de cando en vez se achegaba á vila, raptaba unha rapaza e levábaa á súa cova. Un día, os mozos mariñeiros decidiron encararse co monstro e pelexaron con el ata vencelo e liberar as cativas. Logo, para celebrar a vitoria, danzaron coas súas espadas arredor del.
Para recordar esta lenda, o día do Corpus, na procesión polas rúas engalanadas de alfombras florais creadas durante a noite anterior polos veciños, participa a figura da Coca, acompañada dos danzantes das Espadas e das Penlas.
A praza do Concello acolle despois as exhibicións da Danza das Espadas e o Baile das Penlas. A primeira data polo menos do século XVI e é a escenificación da vitoria sobre o dragón. As Penlas, ataviadas con traxes brancos, forman un único conxunto coreográfico cos danzantes das Espadas e bailan arredor deles. Mulleres adultas levan sobre os seus ombreiros nenas pequenas, tamén de branco e con ás de anxos e co seu baile representan a alegría das nais pola morte do monstro e a liberación das súas fillas.
Exposicións, concertos, espectáculos nos que se recrea a lenda da Coca, verbenas nocturnas conforman un amplo programa festivo.

Para non perderse
Danza das Espadas e baile das Penlas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!