Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI&body=Recoméndoche que leas a información CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso?cod_rec=4601%26ctre=30%26langId=gl_ES
O comezo da construción data de fins do século XI (privilexios da infanta Urraca en 1071 e dos condes de Galicia, Raimundo e Urraca, en 1095). A planta románica e os capiteis van influír en toda a rexión do bispado de Tui medieval, entre o río Lima e a ría de Vigo. O claustro gótico, da segunda metade do século XIII, é o maior claustro medieval conservado en Galicia. Dentro do claustro consérvase a única sala capitular románica existente en Galicia e unha das maiores no seu xénero en España. Parte da súa ourivería sería realizada por prateiros xudeus e conversos nos séculos XV e XVI (cáliz gótico, copón de coco, cetros das dignidades, acetre, etc.).
A colección de mobiliario litúrxico barroco é do máis interesante a nivel español: cadeirado do coro (1699), portas historiadas (1707), caixóns da sancristía (1712), cadeirado da sala capitular (1712), órganos de San Telmo e Santiago (1714) e monumento eucarístico de xoves santo (1775).
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.