IGREXA DE SANTA MARÍA DE PEREGRINA

Relixioso
1535
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Peregrina (Santa María)

Lugar: A Peregrina

15898  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 21.0" N - 8º 33' 11.9" W

Descrición

Este templo, de estilo barroco clasicista, pódese datar pola inscrición na facahada: 1795. É de planta de cruz latina con muros revogados salvo na fachada que se levanta con cadeirado de granito. A cuberta de tella é a dúas augas. A fachada clasicista está flanqueada por dúas grandes pilastras a cada lado que lle dan un sentido ascendente. Sobre a portada alintelada ábrese un grande van rectangular que enmarca unha cruz. O segundo corpo horizontal da fachada, confórmao un grande frontón semicircular, partido na súa base por unha fornela coa imaxe da Virxe Peregrina. Sobre o frontón eríxese a torre-campanario de planta cuadrangular, coroada por un pavillón octogonal.
No interior, os retablos laterais son, un de estilo clasicista dedicado á Virxe do Carmen e outro, barroco, coa figura da Virxe. Na cabeceira, de planta rectangular, o retablo maior, de estilo clasicista, está coroado pola patroa.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!