SANTUARIO DOS REMEDIOS

Relixioso
No Camiño de Santiago
417

Localización

Parroquia: Vilamaior do Val (Santiago)

32600  Verín - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 06.3" N - 7º 24' 34.9" W

Descrición

Gran templo do século XVI, reformado no XIX. Posúe unha soa nave de forma poligonal, con dúas capelas laterais e unha sancristía. A fachada ten altura e monumentalidade, campanario e unha torre cadrada de dous corpos. Posúe moitos elementos artísticos de épocas diferentes. O conxunto remátase cunha vella casa reitoral, cruceiros, unha fonte arcada (orixinal das historias da virxe aparecida) e outra do século XIX.

Acceso

O santuario atópase a 4 km do centro de Verín. Accédese pola Avenida de Laza. Lugar de grande atracción de peregrinación, neste lugar celébrase a romaría dos Remedios o 8 de setembro.
O edificio empezouse a levantar en 1541, dotouse de nova fachada no século XIX e finalizouse no XX. No interior do templo existen numerosas obras do século XVII, entre as que destaca o retablo maior, obra de Juan de Angés. Interesantes tamén os retablos laterais.

Accesibilidade

Peonil, autobús e coche.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Última actualización: 08/03/2017
Arriba