Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > As rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Máis historias...

  • Marta Pomati...

    Marta Pomati...

    “Esta vez camiño soa e non estou ben fisicamente, por iso estame a custar moito facer o Camiño...”

  • Roger Dubief e Lucie

    Roger Dubief e Lucie...

    "O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida..."

  • David Kurten

    David Kurten...

    "Cando camiño catro ou cinco días, soamente coa miña mochila, sinto a paz e o silencio da natureza..."

  • Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    Gabriela Ayestarán, Pilar Miranda e Andrea Torroba

    “No Camiño aprendes moito e permíteche distanciarte da vida de sempre. O ambiente é incrible...”

  • Darvy Scott

    Darvy Scott

    “Facendo o Camiño encontrei unha paz interior, que sae cara a fóra, e dáste conta de que estás completamente de acordo co que estás a facer...”

  • Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    Adela González, Fernando Piedrafita e Fernandito

    “Cando chegas a Santiago estás feliz por chegar, mais dáche pena porque xa acabaches..."

  • Carlos Calafell Brucart e Carlos

    Carlos Calafell Brucart e Carlos

    “E a primeira vez que o fixen dinme conta do que unha persoa é capaz de facer se te esforzas...”

  • Joaquín Ibáñez

    Joaquín Ibáñez

    “Teño 60 años, o cansazo fai o seu e sufro dos pés, e quizá son un pouco inconstante, así que me propoño sempre acabar o Camiño..."

  • Lidia Cuasés e Antonia Campos

    Lidia Cuasés e Antonia Campos

    “Antonia animoume, picoume a curiosidade e decidín vir ver. A miña intención é meditar, mais non é fácil..."

  • Lola e Javier

    Lola e Javier

    “Esta vez foi unha oportunidade para coñecer mellor a Lola. Vivir unha experiencia non ao límite, pero dunha certa dureza...”

  • David Domínguez

    David Domínguez

    “Hai momentos moi duros tamén. O ano pasado avarióuseme a bici tres veces, e non faltou nada para abandonar...”

  • Marie Danielle e Marie Pierre

    Marie Danielle e Marie Pierre

    “O Camiño é unha experiencia de sinxeleza e alegría, a comunión coa Natureza e con todas as caras ou seres que viven no meu corazón...”

Camiño de Santiago...

Camiño Portugués

Varias rutas partían desde Portugal uníndose para entrar en Galicia por Tui. Na barca que atravesaba o Miño, deixábanos “passar sem dinheiros”, por privilexio da Raíña Teresa de Portugal do ano 1123.

Ampliar

Desde Tui todos seguen a mesma ruta. Atravésase O Porriño entre as colosais canteiras de granito e as húmidas Gándaras de Budiño. En Redondela, famosa pola súa  festa do Corpus, dedícalle a Santiago a súa igrexa parroquial, o mesmo que Arcade, á sombra do castelo de Soutomaior, perfectamente restaurado. Pontevedra dedicoulle o seu templo máis emblemático á Virxe Peregrina, de orixinal planta en forma de cuncha de vieira, porque segundo a tradición encamiñaba os peregrinos descarreirados cara a Compostela. De Pontevedra a Caldas de Reis é un paseo tranquilo e suxestivo. Desde o adro da igrexa barroca de Perdecanai domínase o val, onde se perde o románico de Agudelo, os pazos de Curuxal e Casal Novo, e resoan roucas no alto campanario de Arcos da Condesa as campás que se funden na “casa dos campaneiros” de Badoucos.

Da mansión romana á vila gótica, Caldas de Reis, o “Rex” puido ser Alfonso VII, ofrece restos importantes, o balneario e unha das mellores carballeiras urbanas á beira do Umia. Despois contemplamos as ábsidas románicas de Santa María de Vemil, a portada deste mesmo estilo en Xanza. Pouco despois entramos en Pontecesures, onde desemboca o Ulla ofrecendo o máis exquisito da gastronomía fluvial: reo, lamprea, troita, salmón. O río atravésase por unha longa ponte medieval, sobre fundamentos romanos, na que fixo reformas o Mestre Mateu. Axiña Padrón métenos de cheo na ruta xacobea.
 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba