ANTIGO PAZO EPISCOPAL

Civil
No Camiño de Santiago
431

Localización

Rúa Bispo Carrascosa 1

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 07.2" N - 7º 51' 48.8" W

Descrición

O antigo Pazo Episcopal é o conxunto monumental civil de estilo románico máis completo dos que se conservan en Ourense, e foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931. A súa estrutura é un fiel testemuño do desenvolvemento da cidade, con elementos romanos, góticos, renacentistas, barrocos e modernos. O edificio actual construíuse no século XII, e cos séculos sufriu modificacións e ampliacións que alteraron o seu aspecto xeral. Así engadíronse elementos góticos (torre de Santa María), renacentistas (galerías do xardín), barrocos (como a portada principal) e modernos (soportais da rúa Bispo Carrascosa). O Museo Arqueolóxico, fundado en 1895, asentou definitivamente neste edificio en 1951, sendo obxecto dunha reforma, segundo proxecto de Pons Sorolla, en 1960-68. Agora está sendo obxecto doutra reforma polo que se atopa temporalmente pechado.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Accesibilidade

Peonil.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 05/04/2018
Arriba