IGREXA DE SAN MARTIÑO

Relixioso
No Camiño de Santiago
189

Localización

Parroquia: Cornoces (San Martiño)

Lugar: Cornoces 65

32170  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 27.5" N - 7º 56' 57.5" W

Descrición

Igrexa románica de transición ao gótico do S. XII con importantes modificacións nos S. XVIII e XIX. De pequeñas dimensións, está asentada sobre unas penas nun antigo emprazamento castrexo. Na fachada destaca un tímpano historiado con figuras correspondentes posiblemente a San Martiño. A porta sur é sinxela e estreita. Sobre a cornixa da nave principal e da ábsida hai canzorros simples, lisos e biselados na súa maior parte, e sobre o testeiro da ábsida destaca unha cruz antefixa co a representación de Cristo Crucificado. Os retablos, tanto o maior como os laterais, son de madeira e de estilo barroco (S. XVIII). A totalidade das esculturas son tamén deste estilo e están feitas en madeira, se ben algunhas delas son de factura popular. 

Acceso

Desde Amoeiro tomamos dirección a Cornoces, que dista escasamente 1 km da casa do Concello. Unha vez alí rodeamos o Pazo de Cornoces e seguimos á dereita pola estrada en dirección ao lugar de Mandrás (Cea). A uns 50 m, no cruce, viramos cara a esquerda en dirección ao lugar de Igrexa, que dista uns 500 m.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Última actualización: 17/04/2018
Arriba