FOGÓN RETIRO DA COSTIÑA

Restaurantes - 4ª Categoría - 1 Garfo
1523
Galicia Calidade
Calidade Turística
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Santiago 12

15840  Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 59.9" N - 8º 48' 12.9" W

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

O Restaurante

Chef: Manuel Costiña
Entrevista:
Esta é a miña cociña
A familia de Manuel leva máis de 75 anos no mundo da gastronomía. Con estas raíces, a súa cociña alicérzase firmemente na tradición galega e vo alto co pulo da súa mocidade e un innovador dominio técnico.
De cerca
A Manuel gústalle ofrecer ao cliente o mellor. Primeiro, aperitivo na adega, compartindo intimidade coas grandes referencias; despois, un luminoso comedor onde gozar dunha boa mesa; e logo, para prolongar o pracer, o salón de sobremesa, pensado para saborear un café ou unha copa con todo o tempo do mundo. Manuel di que o seu restaurante convida a evadirse, a gozar en corpo e alma. Este si que é un retiro!
O menú e algo máis
O Retiro ofrece unha cociña de mercado co máis apetitoso da temporada. Iso si, Galicia manda. Así que non é difícil atopar marabillas como navallas de Fisterra, mero de Aguiño, pescada de Celeiro ou unhas ostras do Freixo.
Ademais das delicias da carta, Manuel propón dous menús degustación, un deles especialmente maridado polo sommelier.
E aínda máis: a adega. Porque a unha impresionante carta de viños, únese outra de destilados, cada unha con máis de 800 referencias; xoias enolóxicas como whiskies Macallan de 40 ou 50 anos.
Bo Ambiente
Instalado nunha casa señorial a medio camiño entre Santiago de Compostela e a Costa da Morte, en O Retiro cada espazo está coidadosamente deseñado para gozar do momento. Para o aperitivo, unha adega iluminada… por un teito de estrelas. Para a comida ou a cea, un largo comedor con paredes de pedra. E para a sobremesa, un elegante salón con cheminea.

Estrelas Michelin

1 Estrela Michelin

Soles Repsol

2 Soles Repsol
Arriba
Axúdanos a mellorar!