mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA GRANDE DE CRISTOSENDE&body=Recoméndoche que leas a información CASA GRANDE DE CRISTOSENDE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/15662/casa-grande-de-cristosende?ctre=134%26langId=gl_ES%26tp=71
Espléndida mostra da arquitectura do século XVII, casa de noble canteiría e pranta rectangular, destinada ao Turismo Rural. É un destacado exemplo da recuperación do patrimonio artístico, que conservando as características das casas palaciegas aristocráticas da época, unha gran portada en arco con escudo heráldico e un fermoso patio interior cunha coidada columna de capitel xónico arredor do cal xira a vida na casa, é o rincón perfecto para disfrutar da tranquilidade, e da gran beleza paisaxística e monumental da zona. A perfecta elección do mobiliario en toda a casa e especialmente nas súas habitacións, nas que destacan os asentos de pedra nos derrames das fiestras, xunto cos coidados servizos que ofrece, fan que a estancia nela sexa acolledora e inesquecible.
A pranta baixa da casa, que nas súa orixes estaba destinada a adega e cortello, acolle actualmente a cafetería, o restaurante, a recepción e unha habitación habilitada para minusválidos. Todo rodeando a un fermoso patio interior arredor do cal xira a vida na casa.Na primeira pranta están ubicadas seis habitacións dobres dotadas de baño completo, calefacción, televisor e teléfono; tamén hai unha sala de lectura con galería. Nesta pranta está tamén un apartamento que ocupa o lugar dunha antiga adega e proxecta as súas vistas cara ao patio da Casa.