Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO &body=Recoméndoche que leas a información FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/160408000040/feira-do-queixo-do-cebreiro?langId=gl_ES
Dende os seus comezos no ano 1987 a data de celebración está vinculada á Semana Santa. A festa mantén a súa sede fixa neste concello desde o ano 1999. Na actualidade a feira segue a ser un grande acontecemento cultural e económico onde se conservan tradicións populares como a compra e venda de produtos de todo tipo, ocupando o queixo o lugar máis destacado.
A feira comeza ás 9:30 horas da maña e remata a media tarde. Durante toda a xornada os visitantes poden gozar da degustación dos produtos típicos da comarca amenizados por pasarrúas e unha exhibición de baile tradicional.
Tamén contamos coa lectura do pregón a cargo dun personaxe ilustre.
O polbo é outro elemento fundamental desta feira, pois o paso polos seus postos é unha visita obrigada para todos os que se achegan.
A degustación do Queixo do Cebreiro e outros produtos de elaboración artesán.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.