CASA RURAL PIÑEIRO, DE VILA SEN VENTO

Turismo rural - Grupo-B (Casa de Aldea)
1506
No Camiño de Santiago
Periodos de funcionamento: 01/01 - 31/12

Localización

Parroquia: O Pino (San Vicenzo)

Lugar: Piñeiro

Rúa: Piñeiro 4

15823  O Pino - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 02.5" N - 8º 20' 37.5" W

Descrición

A casa rural Piñeiro, de Vila  Sen  Vento, é unha vivenda do século  XVIII localizada no Pino, a 17 km de Santiago de Compostela e a 11 km do Aeroporto. Está totalmente restaurada, mantendo a esencia orixinal dunha casa de labranza galega pero con todas as comodidades e detalles dun aloxamento moderno.

Ademais do salón, o patio exterior de pedra e unha preciosa zona de " lareira", conta con 6 cuartos dobres con baño privado e opción de engadir camas supletorias. Na mesma casa ofrecemos almorzos, comidas e ceas de comida caseira galega, onde traballamos con produto de proximidade e alta calidade, tratado con moito agarimo.

A casa atópase a uns 700 metros (un agradable paseo de 10 minutos) do terreo de Vila  Sen  Vento, de cuxas instalacións comúns pódese gozar gratuitamente: 4 hectáreas de amplas zonas verdes, piscina exterior, zonas de  chill  out, pista de pádel, cancha de  mini- basket, chiringuito de autoservizo, parques infantís, camas elásticas...Ademais, atópase xunto ao Camiño de Santiago Francés, Primitivo e o do Norte, polo que é un lugar ideal para que os peregrinos descansen e collan forzas para a última etapa.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Primitivo

Tipos de servizos

Admisión de animais (consultar)
Agricultura ecolóxica
Aparcadoiro
Bar - Cafetería
Berces
Bicicletas (consultar)
Camas supletorias
Comedor
Fálase inglés
Grella
Internet - Wi-Fi
Lavadora dispoñible- Lavandaría
Piscina
Prohibido fumar
Salón
Salón de reunións
Tarxetas de crédito (consultar)
Televisión común
Televisor nos cuartos
Xardín / Horta

Réximes

Almorzo
Cea

Cuartos

Tipo de cuarto Número de cuartos Número de prazas
Cuartos uso dobre612
Arriba
Axúdanos a mellorar!