PICO DA LEBRE

Áreas de recreo e miradoiros
1512

Localización

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)

Rúa: Pico da Lebre (por riba do Bispo Santo)

27780  Foz - Lugo

Coordenadas:
43º 34' 32.2" N - 7º 17' 20.5" W

Descrición

Miradoiro dende o que se divisa unha ampla panorámica de Foz e a ría, e en días despexados dende Burela ata a punta de Valo, situado no monte de "Pico da Lebre" a 358 m. de altitude, nun ámbito vexetacional de monte raso, de repoboacións forestais con eucaliptos e piñeiros, e de vexetación autóctona con bidueiros, carballos, castaños, ameneiros e acacias. Queda a 500 metros da coñecida área recreativa e capela de "O Bispo Santo".
Arriba