MIRADOIRO MONTE DO CASTRO

Áreas de recreo e miradoiros
3201
No Camiño de Santiago

Localización

Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 56.5" N - 8º 43' 33.7" W

Descrición

O monte do Castro é o punto máis elevado do centro da cidade de Vigo con 149 metros, é o auténtico pulmón verde da urbe, con diversas especies de árbores frondosas e un gran piñeiral. Isto conforma o Castro como un gran parque botánico, incluíndo diversas rutas e paseos.
Dende o miradoiro do Castro as vistas da cidade e da ría son sublimes: a magnitude da cidade en primeiro termo, os montes do Morrazo na outra ribeira e as illas Cíes cara ao oeste, ofrecen postas de sol que enchen o mar de cor.
Na parte baixa do monte consérvase o xacemento castrexo, datado entre os séculos III e I a.C. Posteriormente foi fortificación romana, cristianizándose logo coa ermida da Nosa Señora do Castro. A construción da fortaleza medieval, o Castelo do Castro, cumpría funcións de vixilancia sobre a ría, ao aproveitar a elevación do terreo. Do recinto fortificado consérvanse diversos elementos no seu perímetro como muros, portas e varias troneiras, estando habilitado como xardín o seu interior.
As diversas instalacións portuarias indican a puxanza industrial de Vigo e amosan a evolución histórica dunha cidade que medrou a partir do castro localizado neste punto.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba