ENSEADA DE SAN SIMÓN

Espazos naturais
3646
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Moaña | Pontevedra | Redondela | Soutomaior | Vilaboa

Coordenadas:
42º 18' 35.0" N - 8º 38' 19.6" W

Descrición

Semella un lago. A enseada final da ría de Vigo de case oito quilómetros de lonxitude por catro de anchura vese reducida no estreito de Rande a uns 700 metros. Ese é ademais o seu límite en profundidade, pois unha boa parte da cubeta desáugase durante a baixa mar e outra parte son augas superficiais. Verde é a chaira que se descobre coas mareas, rica en mariscos bivalvos como as ostras de Arcade e aves acuáticas. Pero tamén rica en literatura: cantigas de amigo dos trobadores da ría de Vigo e aventuras de "Vinte mil leguas baixo dos mares" de Verne mesturadas cos tesouros dos galeóns afundidos en Rande.
As antigas salinas do Ulló, no barrio de Paredes (Vilaboa), permiten un doado acceso polos seus murallóns a este espazo natural. O referente cultural da enseada está na illa de San Simón, cun centro de interpretación para explicar a súa longa historia e diferentes usos desde lazareto a campo de concentración. Visitable principalmente no verán desde os portos de Cesantes (Redondela) e Santo Adrán de Cobres (Vilaboa). Fóra deste espazo protexido, na península do Morrazo, sitúase o Parque de Cotorredondo que conta cunha Aula da Natureza xunto ao lago Castiñeiras.

Acceso

Estradas entre Vigo e Pontevedra: pola banda dereita a N-550 e a AP-9; pola esquerda, núcleo de comunicacións en Redondela (N- 552, N-555).

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Situación

Interior da Ría deVigo, concellos de Moaña, Pontevedra, Redondela, Soutomaior e Vilaboa.

Superficie

2.252,06 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si

Información e equipamentos

C. Interpretación das Illas San Simón e San Antonio. Visitas: www.fundacionilladesansimon.org
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!