RÍO LÉREZ

Espazos naturais
1779
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Campo Lameiro | Cerdedo-Cotobade | Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 05.5" N - 8º 33' 56.9" W

Descrición

A capital da arte rupestre de Galicia esténdese polas beiras do río Lérez, nos concellos de Campo Lameiro e Cotobade, próximos á cidade de Pontevedra. Posúe unha das concentracións de petróglifos da Idade do Bronce máis asombrosa de Europa. Salienta principalmente polas escenas de caza de cervos e os deseños abstractos como as combinacións circulares. Neste entorno está prevista a localización do centro de interpretación do Parque Arqueolóxico no monte Paradela, entre os lugares de Paredes e Praderrei, que abranguerá ás zonas limítrofes localizadas nas inmediacións do río Lérez a través de itinerarios e rutas.
O espazo natural coincide con coñecidos coutos pesqueiros do Lérez e algúns afluentes como o Almofrei. Existen numerosas áreas recreativas fluviais e traxectos por boas paisaxes de pontes e muíños.

Acceso

Desde Pontevedra a estrada N- 541 discorre en paralelo ao río, con varios desvíos (PO-223, PO-231).

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Situación

Tramo final ata a desembocadura na ría de Pontevedra. Concellos de Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra.

Superficie

18,60 ha. LIC.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!