PARGA-LADRA-TÁMOGA

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
731
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000

Localización

Lugo

Abadín | Begonte | Castro de Rei | Cospeito | Friol | Guitiriz | Lugo | Outeiro de Rei | Rábade | Vilalba | Xermade

Coordenadas:
43º 05' 54.0" N - 7º 37' 33.5" W

Descrición

Delicada levidade
O denominado ''complexo húmido da Terra Chá'' comprende esta parte da conca alta do Miño onde recibe os afluentes principais pola beira dereita: o Ladra, co seu tributario o Parga, o Támoga e o Narla, así entre moitos outros leitos como o Labrada, o Trimaz, o Madalena.
Ademais da horizontalidade que provoca trazados lentos e sinuosos, adiviñados pola vexetación, outra característica é a pouca permeabilidade deste terreo arxiloso que orixina a formación de charcas. Algunhas temporalmente, dependentes da pluviosidade; pero outras como a Lagoa de Cospeito e a lagoa de Caque forman dous dos principais sistemas lacustres de Galicia. Ambos espazos son lagos de carácter seminatural, cuxa forma actual é debida a proxectos de rexeneración que deixan atrás os intentos de desecación de tempos pasados. Os observatorios e paseos circulares conxugan a súa accesibilidade coa conservación dos fráxiles humidais.
Trátase dunha paisaxe modelada pola actividade agrícola e gandeira na que aínda hai espazo para a conservación de manchas boscosas autóctonas. Carballeiras e especies asociadas ás ribeiras fluviais converten o paseniño fluír das augas nun espello perfecto dos lentos cambios estacionais.

Acceso

As principais vías son a autovía A-6 e a estrada N-VI no traxecto entre Lugo e Guitiriz. Desvíos cara ao norte. Cara a Vilalba pola N-634.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño Primitivo

Situación

Na Terra Cha luguesa, concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba e Xermade.

Superficie

5.013,01 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Información e equipamentos

Promoción Turística “Terras do Miño”
Teléfono: +34 902 101 117
Última actualización: 04/05/2015
Arriba