PR-G 155 RUTA MIRADOIRO DA TERRA CHÁ

Sendeirismo
1390

Localización

Outeiro de Rei - Lugo

Coordenadas:
43º 07' 08.3" N - 7º 40' 21.3" W
43º 06' 18.8" N - 7º 40' 07.5" W

Descrición

Nun sendeiro lineal en forma de “C” cuxo inicio e final están unidos por un camiño, fóra da ruta homologada, que permite regresar ao inicio.

O comezo sitúase na carballeira do Lugar da Feira onde antigamente se celebraba unha feira tradicional. A ruta sae da aldea a través de camiños cercados polos muros de casas solarengas que son testemuña do esplendor que tivo esta zona no pasado: a Casa da Barreira e la Casa da Veiga, magníficas mostras da arquitectura tradicional da pequena fidalguía agraria.

Antes de comezar o ascenso poderemos tomar alento na Área recreativa de Penas de Rodas, nesta singular formación rochosa hai que achegarse ás dúas xigantescas rochas graníticas que parecen querer rodar pola pendente.

De camiño cara ao monte da Cruz de Paraños pasaremos polas estivadas que o circundan (terreos de monte de propiedade comunal que eran queimados e logo sementadas con cereal).

Ao chegar á cima (613 m) teremos unha panorámica completa da planicie da comarca da Terra Chá. O suave descenso achegaranos de novo ás aldeas onde os casaríos illados con poderosas chemineas e rodeadas de amplos terreos amenizarannos o último tramo do camiño.

Acceso

Desde Outeiro de Rei continuar pola N-VI (dirección A Coruña) durante 2,3 km. Nese punto xirar á esquerda cara á estrada de Friol e seguir durante 2,7 km ata cruzar a ponte sobre o río Ladra.
Despois da ponte, desviarse cara ao Lugar da Feira e a algo máis de 1 km atoparémonos co inicio do sendeiro, agochado en medio dunha fraga de carballos (a carón do cruceiro).

Lonxitude

10,7 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Igrexa de Santiago de Francos (Concello de Outeiro de Rei) - UTM 29T X:608320 Y:4773360
Punto de partida: Lugar da Feira - UTM 29T X:607987 Y:4774888

Percorrido

Lugar da Feira, Casa da Barreira, Muíño de Lousado, Área recreativa de Penas de Rodas, Casa da Veiga, Lugar de Susavila, Igrexa de Santiago de Francos.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas e media.

Servizos

En Outeiro de Rei e Rábade.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

72-I Parga y 72-II Rábade.

Máis información

Concello de Outeiro de Rei
Tel.: 982 393 281
www.outeiroderei.org

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!