PR-G 153 AUGAS DE FOMIÑÁ

Sendeirismo
1307

Localización

A Pastoriza - Lugo

Coordenadas:
43º 13' 22.0" N - 7º 18' 54.0" W
43º 15' 00.2" N - 7º 21' 44.2" W

Descrición

A partir da Lagoa de Fomiñá o río Miño comeza a levar caudal, polo que moitos o consideran o seu nacemento. Polo sendeiro PR-G 153 seguiremos o río Miño dende a lagoa hasta a Área recreativa da Liboira, atravesando a comarca da Terra Chá e dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Como é característico nos sendeiros da Terra Chá o percorrido é case chan. Tamén aquí a vista se perderá no horizonte dos campos agrícolas; as liñas rectas do trazado ou as fragas de álamos permitirannos gozar dun contorno diferente en Galicia.

O río Miño é o eixo desta ruta, dende o seu inicio camiñaremos pola ribeira do río. Nun punto sinalizado podemos desviarnos para visitar a igrexa do Salvador de Crecente.

Máis adiante, pasaremos polo castro de Sa, dende a croa (parte máis elevada do castro), divísase unha panorámica de 360º do contorno. Destacar que baixo o castro existe unha misteriosa gruta que posiblemente serviu de refuxio aos seus habitantes.

Volveremos a reencontrarnos co Miño atravesando o extenso agro da parroquia de Baltar para chegar á Área  recreativa da Liboira.

Acceso

Chegar ata a igrexa da parroquia de San Salvador de Fomiñá, dende aquí seguir 150 m cara á estrada LU-122 (estrada Lugo-Mondoñedo). No cruce da estrada cun camiño de terra atópase o inicio do sendeiro.

Lonxitude

12,8 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Área recreativa da Liboira - UTM: 29T X:632945 Y:4789889
Punto de partida: Igrexa de San Salvador de Fomiñá - UTM: 29T X:636847 Y:4786932

Percorrido

Lagoa de Fomiñá, Castro de Sa, A Ponte Vella de Miñoto, Área recreativa da Liboira.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas e media.

Servizos

Na Pastoriza.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

48-I Muimenta, 48-II A Pastoriza, 48-IV Meira.

Máis información

Concello da Pastoriza
Tel.: 982 332 197
administracion@concellodepastoriza.es
concelloapastoriza.es

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba