PR-G 151 RUTA DAS LAGOAS

Sendeirismo
2484

Localización

Cospeito - Lugo

Coordenadas:
43º 14' 26.0" N - 7º 33' 47.0" W
43º 10' 25.9" N - 7º 33' 32.2" W

Descrición

Conta a lenda que baixo as augas da Lagoa de Cospeito hai un pobo chamado Valcárcel que foi inundado por mandato divino. Uns din que aínda se escoita o tanxer das campás da igrexa, outros aseguran ter visto os tellados das casas cando baixa o nivel do pantano.

Sexa como sexa, as protagonistas deste sendeiro son as lagoas que ocupan este territorio chan declarado Reserva da Biosfera Terras do Miño. A primeira que atopamos é a Lagoa de Cospeito na que o itinerario intérnase para contemplar a asombrosa vida que nela existe. Despois, na metade do percorrido, a Lagoa de Carballosa.

É un sendeiro lineal, preto do inicio rodearemos a lagoa por un camiño creado para a observación ornitolóxica, camiñando sixilosamente, dende as torres de observación, poderemos ver e escoitar centos de aves acuáticas que utilizan a lagoa como refuxio.

Logo a senda penetra no bosque seguindo as antigas vereas que rodean a Feira do Monte. Tras cruzar a carreteira internarémonos na auténtica Terra Chá onde as longas rectas, horizontes distantes e chans darannos a sensación de atoparnos nunha “Galicia distinta”.

Intercalando paisaxes agrícolas e forestais, pasaremos pola Lagoa de Carballosa e ata o final avanzaremos  facilmente por un terreo sen desniveis. Remata na igrexa de San Martiño de Lamas, alí poderemos ver un cruceiro con motivos da paixón labrados no fuste.

Acceso

Desviarse na A-8 á altura de Vilalba en dirección á Feira do Monte, capital do Concello de Cospeito. Na Casa do Concello seguir os carteis cara á Lagoa de Cospeito. Xunto ao Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito atópase o inicio do sendeiro.

Lonxitude

14,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Igrexa de San Martiño de Lamas (Concello de Cospeito):
UTM: 29T X:617114 Y:4781396
Punto de partida: Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito:
UTM: 29T X:617258 Y:4788453

Percorrido

Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito, A Feira do Monte, Lugar de Fonsín, Lugar de Bodenlle, Lugar de Ribela, Lagoa de Carballosa, Igrexa parroquial de San Martiño de Lamas.

Dificultade

Baixa

Duración

4 horas.

Material

Prismáticos para a observación de aves.

Servizos

Na Feira do Monte.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

47-IV Cospeito.

Máis información

Concello de Cospeito
Tel.: 982 520 001
concellodecospeito@concellodecospeito.es
www.concellodecospeito.es

Mancomunidade Terra Chá
www.mancomunidadeterracha.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!