PR-G 148 RUTA DO MAR DE CORME E RIBEIRA DO ANLLÓNS

Sendeirismo
1768

Localización

Ponteceso - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 51.6" N - 8º 57' 41.3" W
43º 14' 32.9" N - 8º 54' 03.4" W

Descrición

Entre Corme e Ponteceso esténdese unha franxa costeira coñecida pola bravura do mar. Tamén é a terra do poeta Eduardo Pondal cuxa inspiración foi alimentada polos asombrosos lugares que percorren este sendeiro.

O itinerario presenta dúas opcións: un percorrido costeiro ou unha alternativa interior pola variante PR-G 148.1.  Seguindo a ruta principal a senda avanza polas praias de Arnela, Osmo e Ermida ata o lugar onde se atopa Pedra da Serpe, unha única e misteriosa figura pétrea con forma de serpe alada xacendo baixo unha cruz.

Continúa ata a praia de Balarés e segue ata Monte Branco onde as augas do río Anllóns se xuntan co mar formando unha barra de area entre os illotes Tiñosa e Dos Cagallóns.

Pola variante interior (PR-G 148.1) ascenderemos un monte suave para contemplar a Ría de Corme e Laxe.

Ambos percorridos vólvense unir para descender e cruzar o dique, un espectacular muro que atravesa a desembocadura do río Anllóns construído hai 50 anos para desecar o terreo e cultivar millo. Hoxe en día é unha zona húmida de grande importancia ornitolóxica incluída dentro do L.I.C. e da Z.E.P.A. Costa da Morte.

Saíndo do dique, tras un breve tramo de 500 m chegaremos a Ponteceso. O final da ruta atópase xunto á casa do poeta Eduardo Pondal.

Acceso

No pobo do Porto de Corme chegar ata o paseo marítimo. Desde este punto, situados fronte ao mar, dirixirse 120 m cara á esquerda. Ao final do tramo asfaltado atópase o panel de inicio de sendeiro.

Lonxitude

11 km. (A variante PR-G 148.1 mide 5,9 km. O total da senda seguindo a variante é de 9,7 km).

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Casa do escritor Eduardo Pondal en Ponteceso (Concello de Ponteceso):
UTM: 29T X:508042 Y:4787749
Punto de partida: Paseo marítimo do Porto de Corme (Concello de Ponteceso):
UTM: 29T X:503125 Y:4790171

Percorrido

O Porto de Corme, Praia do Osmo, Praia da Ermida, Pedra da Serpe, Lugar de Gondomil, Praia de Balarés, Praia do Medio, Monte Branco, Estuario do río Anllóns, Malecón, Casa do poeta Eduardo Pondal.

Dificultade

Baixa

Duración

3 horas. Pola variante PR-G 148.1: 2 horas e media.

Material

Prismáticos para a observación de aves.

Servizos

No Porto de Corme e Ponteceso.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

43-II Corme.

Máis información

Concello de Ponteceso
Oficina de Turismo de Corme
Tel.: 981 714 000
concello@ponteceso.net
www.ponteceso.gal

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese histórico
Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba