PONTE MEDIEVAL DE CONCELIÑAS

Civil
853

Localización

Parroquia: Forcas (San Mamede)

Parada de Sil - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 47.4" N - 7º 30' 38.9" W

Descrición

É esta unha ponte medieval, e de posible orixe romana, xa que se atopa nun camino de entrada á Ribeira Sacra dende a zona de Caldelas. Hai quen sostén que por aí pasaba a Vereda Maiore romana que enlazaba coa Vía XVIII. Esta ponte permitíu, xunto con outros elementos xerar unhas sinerxias no terriotorio que explican a aparición de vías totalmente empedradas. Hoxe forma parte da ruta PRG-177.
A ponte conta cun panel explicativo sobre o método de construcción.
Dende a ponte poden observarse importantes fenómenos xeolóxicos.

Acceso

Dende Parada de Sil, debe continuarse o percorrido pola estrada OU-0604, Parada de Sil–Vilariño frío, e a 8,5 kilómetros tomamos unha estrada municipal a esquerda dirección Verengo-Forcas. Unha vez chegamos a Forcas, continuamos pola única estrada existente e a 300 metros vemos un camiño que descende a Conceliñas e está sinalizado.
Arriba
Axúdanos a mellorar!