Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CRUCEIRO DA IGREXA DE OLVEIRA&body=Recoméndoche que leas a información CRUCEIRO DA IGREXA DE OLVEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/17114/cruceiro-de-san-martin-de-olveira?langId=gl_ES
Parroquia: Olveira (San Martiño)
Lugar: Olveira
15151 Dumbría - A Coruña
Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado na que vai acaroada unha mesa.
O varal é cadrado con chafráns. O capitel é troncopiramidal invertido feito de formigón. A súa cruz é cuadrangular cos brazos achafranados e con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. Todo o cruceiro é de granito agás o capitel, que é de formigón.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.