FERVENZA DO ÉZARO

Fervenzas
400
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 46.1" N - 9º 07' 03.8" W

Descrición

A fervenza do Ézaro, que se forma no río Xallas, é unha das máis espectaculares de Galicia, xa que cae directamente no mar dende aproximadamdente 30 m de altura.  

Para chegar a ela, dende o lugar do Ézaro tomaremos o desvío cara a central hidroeléctrica e o porto deportivo, onde poderemos deixar o coche para seguir a pé por unha pasarela de madeira.  Trátase dun curto pero agradable paseo que tamén podemos comezar no pequeno porto situado no extremo occidental da praia do Ézaro, seguindo polo seu paseo ata o inicio da ponte que cruza o río Xallas.

Dende aquí seguiremos o curso río arriba pola enseada, vendo como na outra beira se ergue a maxestosidade  granítica dos contrafortes de monte Pindo, o chamado Olimpo celta de Galicia. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba