DOLMEN DE PEDRA DA ARCA

Depósitos arqueolóxicos
2514

Localización

Parroquia: Baíñas (Santo Antoíño)

Lugar: Baíñas

15127  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 36.0" N - 9º 00' 51.9" W

Descrición

Coñecida tamén como Casa dos Mouros, é un dos monumentos megalíticos de maior tamaño de Galicia. Conserva aínda boa parte do volume do seu túmulo de terra e a maior parte do dolmen co seu corredor, faltando só a laxe posterior que fecharía a cámara.
No interior da cámara consérvanse tamén restos de gravados e pinturas vermellas prehistóricas. O motivo máis destacado dos gravados é un deseño localizado igualmente noutros dolmens do noroeste como Dombate, a Anta de Espiñaredo ou, perto do Douro, en Chá de Parada. Foi chamado «The Thing», pola arqueóloga irlandesa Elisabeth Shee e o termo popularizouse ata hoxe en día.

Acceso

Desde a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Fisterra. En Berdoias vírase á esquerda e avánzase ata Baíñas. Neste núcleo tómase a vía que conduce a Olveira. Antes de terminar o límite municipal séguese a pista que leva ao dolmen.

Accesibilidade

Peonil.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!