Descrición
Fonte a data de construción da cal se descoñece, foi restaurada no s. XVIII por Carlos IV, segundo a inscrición que nela figura. De cadeirado granítico, está decorada con bólas e rematada por un frontón. A tradición conta que a auga manou milagrosamente cando o Apóstolo golpeou tres veces a pedra co seu báculo. Ten unha fornela coa figura do Apóstolo, traído polos seus discípulos na barca, bautizando a raíña Lupa, cando logrou convertela ao cristianismo. Na fornela inferior está a Virxe das Dores, ante a que acoden as embarazadas para pedirlle un parto feliz, acendendo unha candea.