PETO DE ÁNIMAS DE OUTEIRO

Etnográfico
129

Localización

Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)

Lugar: O Outeiro

36457  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 12.3" N - 8º 29' 51.6" W

Descrición

Peto de ánimas de tipo aberto que se acha baixo un baldaquino. Sobre a mesa de pedra que contén o caixón das esmolas colocouse o retablo das ánimas e na súa parte superior unha cruz coas figuras de Cristo no anverso e a Virxe no reverso. Por debaixo do Cristo aparecen San Francisco e un grupo heteroxéneo de oito ánimas. O santo redentor saca das lapas dous delas polos lados.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 19/07/2018
Arriba