CAPELA DE SAN JOSÉ

Relixioso
575
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sabuguido (Santa María)

Lugar: Sabuguido

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 08' 38.5" N - 7º 11' 59.6" W

Descrición

Situada no lugar onde está a casa reitoral, datada no ano 1637, con reformas posteriores. De planta rectangular con muros de sillería nalgúns sectores e porta con arco de medio punto sobre impostas e pilastras lisas que se continua en planta blanda semicircular. Boa cornixa e espadana dun arco sobre base ortoédrica con arquitrabes no arranque da volta do arco, que sobresae dous tellados  por enriba do núcleo. Remate de pirámides de bolas e cruz de pedra. Cabe destacar dentro da capela un retablo con escenas da infancia de Xesús, obra popular do século XVIII.

Acceso

O recinto atópase no medio do pobo de Sabuguido, rúa principal do medio do pobo a que se accede dende a estrada principal de Vilariño de Conso.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Neoclásico
Arriba