MIRADOIRO DE MONTEALEGRE

Áreas de recreo e miradoiros
1514
No Camiño de Santiago

Localización

Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 05.3" N - 7º 51' 03.0" W

Descrición

Montealegre é un dos grandes espazos de lecer da cidade de Ourense. Dominado polas súas pendentes, ofrece interesantes vistas da cidade, asentada nas ribeiras do río Miño. Antiga canteira, algún destes espazos foron rehabilitados e son utilizados agora como auditorios ao aire libre.
As condicións climáticas e o tipo de solo de Montealegre levaron en 2011 a crear neste monte do leste da capital ourensá un parque botánico de 15 hectáreas de extensión , dotado con máis de 240 especies vexetais que, en moitos casos, son propias de ambientes mediterráneos.
A Cruz de Montealegre é o punto de maior amplitude de vistas, motivo polo cal foi colocada unha plataforma a modo de miradoiro e un banco que pasou a ser considerado como o “banco máis bonito de Ourense”. Dende o miradoiro a cidade móstrase case por completo, sendo posible contemplar o asentamento urbano no val fluvial.
O espazo ten, ademais, un uso didáctico e investigador en relación á biodiversidade e á súa xestión e protección, contando tamén cun centro de intepretación e investigación que conforma un destacable conxunto arquitectónico a base de bloques intercomunicados e que integran as antigas infraestruturas industriais.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!