MUÍÑO DO REDONDO

Etnográfico
375
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilamor (Santo Estevo)

Lugar: Eirixe

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 21.4" N - 7º 57' 03.3" W

Descrición

Muíño de planta cadrada, con muros de cachotería de granito, excepto os esquinais que son de cadeirado irregular. Adosado ao mesmo atopámonos con outro corpo das mesmas características.
Cuberta de dúas augas con acabado de pranchas de fibrocemento sobre estructura de viguetas de formigón. Muro de altura variable, máis alto que o muíño en sí, que soportan os tubos que conpoñen a traída da auga canalizada.

Acceso

Desde Santiago de Compostela collemos a estrada N-547 ata a localidade de Melide, na glorieta do pobo desviarémonos á esquerda pola estrada AC -840 en dirección Curtis/Betanzos durante cincocentos metros ata o seguinte cruce onde desviarémonos á dereita para continuar pola estrada DP – 4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada un quilómetro e desviarse pola estrada Camiño de Santiago en dirección San Salvador/Vilamor/Vilouriz. Percorrer por esta estrada cinco quilómetros aproximadamente ata chegar a Villamor de Arriba onde nos desviaremos por unha pista municipal pola cal,  chegaremos ao destino tras percorrer uns metros.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba