POMBAL NA CASA DO PAZO

Etnográfico
375
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xiao do Monte (San Xiao)

Lugar: San Xiao

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 45.1" N - 7º 57' 14.6" W

Descrición

Localizado na parte máis alta da propiedade, de planta circular. Muros de cachotería lucidos de cal e area. Tellado de tella dunha soa vertente (circular) con leve inclinación desde a parte central. O interior disponse en torno a unha mesa de pedra coidadosamente traballada que fai de comedeiro. Ao redor da mesa paredes feitas de lousa.
Edificación privada e acceso restrixindo.

Acceso

Desde Santiago collemos a estrada N-547 en dirección Melide. En Melide, no cruce con glorieta, desviámonos á esquerda en dirección Curtis/Betanzos durante cincocentos metros ata chegar ao cruce coa estrada DP-4604, desviámonos á dereita pola avenida Toques-Friol. Por esta estrada percorremos algo máis de sete quilómetros ata chegar a Souto, onde haberá que desviarse á dereita para percorrer os derradeiros dous quilómetros pasando primeiro polo Lugar de Mangüeiro seguindo por unha pista municipal.
O pombal atópase na eira do Pazo de San Xiao.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba