PLACE MARGARITA

Civil
533
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Devesa (Santalla)

Lugar: O Rato

Estrada N-634

27795  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 53.2" N - 7º 07' 46.5" W

Descrición

Construída en 1926, constitúe o máis completo expoñente da influencia estadounidense na produción indiana catalogada. O seu promotor, Manuel López Fernández, oriúndo de Ribadeo, importou os planos e algúns materiais dende Florida (EE.UU) onde fixo fortuna no sector da construción. Circunstancia destacable é a influencia da arquitectura residencial americana na adaptación da estrutura do edificio ao uso do automóbil, que por aquela época en Estados Unidos comezaba a deixar de ser un ben exclusivo da elite. Así, o soto da vivenda queda habilitado como garaxe, prevendo ademais unha vía de entrada e outra de saída. Incorpóranse elementos estruturais e decorativos propios da arquitectura indiana, como porches, terrazas e o sotabanco que oculta o tellado da vivenda así como as canalizacións das augas pluviais. No xardín hai cabida para unha gran palmeira, araucarias, magnolios e camelias.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 6Km da vila, á man esquerda atoparemos esta edificación.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba