CENTRO CULTURAL JOSE ÁNGEL VALENTE

Civil
547
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Paseo 20

32003  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 22.6" N - 7º 51' 52.5" W

Descrición

Leva o nome dun dos poetas máis universais de Ourense. No seu tempo foi o edificio que se levantou para sede do Banco de España, inaugurado en 1930. En 2010 remodelouse mantendo a decoración orixinal, pero adaptando a planta baixa para dedicala á actividade cultural da cidade, sobre todo exposicións. A sala municipal ocupa só a planta baixa, mentres que as superiores son oficinas do Catastro, con entrada independente pola rúa Concordia.
O edificio, de 1929, foi realizado polos arquitectos Juan de Zavala Lafora e José Yarnoz Larrosa. O primeiro foi colaborador de Le Corbusier e o segundo Medalla de Ouro de Belas Artes e membro da Academia de San Fernando. O proxecto de rehabilitación supuxo o seu baleirado completo, respectando a tipoloxía do orixinal e os elementos de interese patrimonial. Así, consérvase intacta a fachada exterior, con saída á rúa do Paseo, as carpintarías da planta baixa e a configuración espacial da planta nobre.

Acceso

No zona monumental da cidade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba