IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMOEIRO

Relixioso
564
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Amoeiro (Santa María)

Rúa Pontevedra 79

32170  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 35.3" N - 7º 57' 14.4" W

Descrición

Trátase dunha igrexa de estilo románico do S. XII que sufriu importantes reformas nos séculos XVIII e XIX. Consta de tres corpos ben diferenciados, sendo o primeiro deles o correspondente á igrexa primitiva, de planta rectangular e dividida en tres tramos por  contrafortes ao exterior. No S. XVIII ou XIX a esta nave engadíuselle o espazo correspondente ao presbiterio, un corpo de grande volume e planta cadrada. Asemade foille incorporada unha pequena sancristía polo lado setentrional, a carón do presbiterio. A súa fachada foi completamente reformada, mantendo tan só algunhas pezas orixinais da primitiva fachada. Á esquerda da portada, integrada no seu muro, consérvase unha inscrición orixinaria da construción desta nave perfectamente lexible cuxa transcrición e tradución son as seguintes:“Era M CC predic K(a)l(endas) f(ebruarii) J(o)h(an)nes presbiter fecit dedicacione(m) eccl...(¿ecclclesiac hujus?).”Era milésima quocentésima (ano 1162 da era hispánica), o día antes das kalendas de febreiro (o sexa, el 31 de xaneiro); Xoán presbítero, fixo a dedicación desta igrexa.”

Acceso

Desde o Concello, a 300 m en dirección Parada de Amoeiro, pódese estacionar o vehículo á dereita da vía no  Campo da Igrexa, onde se encontra un conxunto de canastros ou hórreos de certo interese. A igrexa parroquial está do outro lado da vía, seguindo pola rúa da Igrexa a escasos 20 m.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!