CAPELA DA NOSA SEÑORA DAS ERMITAS

Relixioso
637

Localización

Parroquia: Portomourisco (San Víctor)

Lugar: Portomourisco

32371  Petín - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 18.7" N - 7º 07' 39.6" W

Descrición

Edificio relixioso que na actualidade encóntrase nun bo estado de conservación, sen deterioros evidentes, xa que se trata dun lugar de visita frecuente. O seu alzado frontal preséntase cunha composición de gran factura arquitectónica, con cerramento en sillería de pedra granítica e no que destaca inscrición feita no propio muro de cerramento, un portón de acceso con lintel abovedado, e un campanario que emerxe na súa parte máis alta de maneira singular. Nos restantes cerramentos, caracterízase o emprego de pedra de cachotería alternada con mampostería e ausencia de ocos. Por outra banda, a cuberta do edificio componse con lousas de xisto como material de cobertura.

Acceso

Saímos de Petín pola Antiga estrada OU-533 dirección A Gudiña, percorremos 4,9 km, xiramos a esquerda e collemos o desvío a Portela de Portomourisco. Percorremos uns 800 m pola estrada Xeral ata chegar a Portomourisco; continuamos uns 400 m pola estrada de Viana, xiramos á dereita pola Rúa da Iglesia, ao chegar a igrexa collemos a esquerda e a uns 200m está a Capela na marxe esquerda fronte á Ponte Romana.
Arriba
Axúdanos a mellorar!