COMPLEXO BALNEARIO

Civil
677

Localización

Avenida Enrique Peinador Vela

36890  Mondariz-Balneario - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 37.7" N - 8º 27' 59.1" W

Descrición

Na converxencia das avenidas “Enrique Peinador Vela” e “15 de outubro”, atópase o espazo popularmente coñecido como “Praza de Fundadores”, no que podemos contempla-las catro grandes edificacións que forman o antigo e o actual complexo termal, planificado e deseñado por dous dos mellores arquitectos da España do momento, Jenaro de la Fuente Domínguez, arquitecto do Gran Hotel, e Antonio Palacios, autor dos tres edificios restantes, é dicir, do Edificio da Varanda, do Sanatorio e da Fonte de Gándara xunto coa primitiva planta embotelladora.
Conectados por debaixo da estrada, encóntranse en fronte dos restos do antigo Gran Hotel os edificios da Varanda, o primeiro en restaurarse, e do Sanatorio, ámbolos dous habilitados como Hotel Balneario e pezas clave do actual complexo termal, aínda que sen dúbida son os restantes, o Gran hotel e o conxunto formado pola Fonte de Gándara xunto coa planta embotelladora os que chamarán a atención do visitante.

Acceso

No centro da vila no cruce das rúas Enrique Peinador Vela e 15 de outubro.
Arriba