CRUCEIRO DE VILAR

Etnográfico
489

Localización

Parroquia: San Miguel de Vilar (San Miguel)

Lugar: Vilar

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 17.3" N - 8º 22' 52.3" W

Descrición

Cruceiro sobre lousa de formigón, tres gradas de sección cadrada con mamperlán e base prismática con aresta superior matada e decorada con cruces e caveiras. Fuste de sección cadrada en inicio e final, e octogonal no resto. Capitel integrado por unha sucesión de molduras, alternando as de perfil recto coas cóncavas e convexas. Remate en cruz exenta de imaxes.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, son 12,5 quilómetros uns 15 minutos collendo a estrada AC-240 dirección sur durante 12 quilómetros pasando por indicación de Loxo, Prevediños ata que vexamos a Igrexa parroquial de San Pedro de Vilar, xirar a man esquerda xa que o recurso se sitúa nas inmediacións da igrexa.
A pé seguindo o mesmo percorrido levaría aproximadamente 2 horas e 45 minutos.
Arriba