ARQUIÑA DE VILASECO

Depósitos arqueolóxicos
958

Localización

Parroquia: Castrelo (San Martiño)

Lugar: Vilaseco

15128  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 27.3" N - 9º 04' 28.8" W

Descrición

Deste monumento megalítico pódese ver hoxe o seu túmulo de terra e parte das lousas do dolmen que afloran pola superficie na parte máis alta. As dimensións da mámoa fan pensar que nos atopamos diante dun dos megálitos de maior tamaño da Costa da Morte. O feito de que o dolmen aínda se manteña cuberto parece indicar unha boa conservación de toda a estrutura. De feito na parte superior do túmulo pódese intuír a planta da cámara á que lle faltaría a tampa de cubrición e o corredor orientado cara ao sueste, que conserva polo menos unha das súas tampas rachada en dous anacos.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección en Fisterra. En Vilaseco xirar á dereita e continuar seguindo os sinais da Arquiña de Vilaseco.

Accesibilidade

Peonil.
Arriba
Axúdanos a mellorar!