IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE PEDORNES

Relixioso
529
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pedornes (San Mamede)

Lugar: Pedornes

Camiño da Igrexa 7

36309  Oia - Pontevedra

Descrición

A historia da igrexa de Pedornes está intimamente ligada á do Mosteiro de Oia. No ano 1137 a igrexa foi doada ao Mosteiro de Oia. Exercía como parroquial, xa que Oia non tivo consideración de parroquia ata o ano 1841 e nese mesmo ano Pedornes pasa a ser parroquia totalmente independente.
Na fachada occidental no centro hai unha inscrición “1732 Refugio” e a imaxe do seu Patrón San Mamede que para protexelo puxéronlle un cristal.
No interior consérvanse retablos onde se pode ver a presenza dos monxes do Mosteiro.
A bóveda da capela maior ten moi bo traballo de cantería nos perpiaños que a forman. Nela atopamos labrado na pedra o escudo completo do Mosteiro coa seguinte inscrición “ESTA CAPILLA ES DE EL RL MONASTERIO DE HOIA REEDIFICOSE AÑO 1736".

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba