IGREXA DE SAN XIAO DE RODÍS

Relixioso
528
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rodís (San Xiao)

Lugar: Rodís da Igrexa 6

36596  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 45' 11.7" N - 8º 05' 13.9" W

Descrición

Templo do século XII. é unha das xoias románicas do municipio. A pesar da sacristía apegada no muro norte e a espadana, engadidas no S XVIII. posúe a súa fábrica orixinal case intacta. 

A ábsida é rectangular, con cruz patada. A portada occidental é dunha arquivolta sustentada por columnas acaroadas, con bases e fustes lisos e capiteis decorados con cunchas. Sobre a porta ábrese unha seteira de derrame interno.

O muro sur alberga unha porta sinxela sen arquivolta rematada cun tímpano pentagonal. A cornixa está sustentada por canzorros en proa e curva, e está decorada con bolas.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada EP-6009 (Despois EP-6302) en dirección a Brántega. Dende a rotonda superior do centro comercial Deza, percorrer 9,8 quilómetros ata chegar a un cruce, á esquerda vaise cara a Cercio, pero hai que xirar á dereita, por unha estrada estreita e sen sinalización, e seguila 1,8 quilómetros máis ata chegar á igrexa que se atopa á dereita da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba