IGREXA DE SANTO ADRAO DE MONEIXAS

Relixioso
621
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Moneixas (Santo Adrao)

Lugar: Moneixas

36515  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 38' 20.6" N - 8º 06' 57.3" W

Descrición

A igrexa conserva da súa fábrica románica do século XII, a cabeceira rectangular cuberta con bóveda de canón feita con pedras irregulares, cun arco triunfal e un arco faixón, ambos sustentados por columnas con capiteis de gran tamaño decorados con follas. Nos capiteis do arco triunfal podemos ver unha cabeza humana e outra de león.

O resto da igrexa foi moi reformado, no século XVIII ábrense dúas capelas unha no muro sur, que se conserva e outra no muro norte que foi ampliada en época moderna dando lugar a capela-santuario da Virxe do Carme.

Tamén no interior, no muro sur da cabeceira apareceu, con motivo dunhas obras, unha pintura mural que se cree pode datarse a finais do século XV ou principios do XVI. Representa a flaxelación de Xesucristo.

Acceso

Dende Lalín coller a PO-902 en dirección a Irixo/ Carballiño. Dende a rotonda do campo de fútbol de Donramiro, percorrer 1,5 quilómetros ata chegar ao desvío, á esquerda, cara a igrexa/ Moneixas. Collelo e 280 metros despois atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Barroco
Arriba