SEMANA SANTA DE LUGO

Festas de interese turístico
1751
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 24/03 - 31/03

Localización

Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 32.9" N - 7º 33' 31.6" W

Descrición

A súa orixe remóntase á Idade Media, coa Venerable Orde Terceira de San Francisco, establecida en Lugo no século XIII. Posteriormente, coa contrarreforma iniciada no s. XVI, xurdirán con maior intensidade as manifestacións públicas de piedade, que constituirán o xerme da tradición procesional da Semana Santa lucense.
A celebración da Semana Santa de Lugo está intimamente ligada ao privilexio da exposición permanente do Santo Sacramento no altar maior da Catedral. Así, desde o ano 1963, a procesión do Xoves Santo é a única en España en que a Sagrada Forma sae de procesión polas rúas da cidade. Do mesmo xeito, na mañá de Pascua prodúcese un encontro excepcional entre Cristo Resucitado e súa Nai. Este privilexio, unido a outros elementos propios, confírelle á Semana Santa lucense o seu carácter singular.
A Semana Santa de Lugo conta con diferentes actos de carácter relixioso, cultural e de ocio que lle confiren un atractivo especial á cidade durante a súa celebración. Entre eles destacan o pregón da Semana Santa, as procesións diarias polas rúas do centro histórico da cidade de Lugo (todos os días da Semana Santa; desde o vernes de Dores),o ciclo de conferencias coresmais...
Os actos que se desenvolven anualmente desde tempos inmemoriais conservan a tradición e a esencia inicial, mais tamén é de destacar a evolución da celebración nos últimos anos, incluíndo novas propostas na programación de actividades. Por outra parte, son cada vez máis as actividades que se organizan desde o Concello de Lugo como complemento á Semana Santa e que teñen unha maior compoñente de ocio (andainas, cinema, exposicións, etc.) 

Destacado:
A procesión da Santa Cea do Xoves Santo. Desde 1963 está vixente o privilexio único da Catedral de Lugo de facer a Reserva do Santísimo cunha procesión solemne da Sagrada Forma polas rúas da cidade.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba