IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO

Relixioso
438
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Briallos (San Cristovo)

Lugar: A Igrexa

36658  Portas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 50.6" N - 8º 38' 18.6" W

Descrición

Igrexa edificada no século XV e reformada no 1727. A igrexa sitúase nun alto dende o que se domina unha ampla zona do val. No seu interior hai varios retablos barrocos que pertencen ao século XVIII, data das modificacións da igrexa e tamén un retablo de pedra renacentista que procede do templo anterior. Destaca a imaxe de San Cristovo, obra do século XVIII.

Acceso

A igrexa parroquial de San Cristovo queda a 8 minutos en coche dende o núcleo municipal. Para chegar a ela tense que coller a estrada EP-0507 cara á dereita ata chegar ó cruce coa estrada EP-8102 xirando á esquerda. Seguimos pola estrada ata atopar unha rotonda, onde se toma a segunda saída. A igrexa está a 350 metros, á dereita.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Estilos

Renacentista
Arriba